Política de Privacidade

1.  Política de Privacidade  e Protección de Datos

A Fundación Galicia Obra Social, titular do sitio www.ataquilla.com,  en adiante ATAQUILLA.COM, completa o establecido nas Condicións Xerais de Contratación coa presente  Política de Privacidade. ATAQUILLA.COM comprométese cos seus usuarios a cumprir coa lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, máis concretamente, coa Directiva 95/46 da Unión Europea e a Ley 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, así como o Regulamento de desenvolvemento de dita ley aprobado polo Real Decreto 1720/2007.

Esta política poderá variar co tempo debido a cambios lexislativos, xurisprudenciais ou dos criterios seguidos pola Axencia Española de Protección de Datos e/ou a autoridade competente en cada momento, polo que é aconsellable a súa lectura periódica ou antes do uso dos servizos que se prestan a través de www.ataquilla.com.

2.  Como trata ATAQUILLA.COM os datos de carácter persoal?

2.1 Proceso de compra

Durante o proceso de compra, o Usuario podrá escoller entre rexistrarse, podendo así gardar os seus datos para futuras compras, ou ben identificarse unicamente para a operación elexida. En ambos casos, os formularios dispostos indicarán que datos son os necesarios, indicando o campo obrigatorio cun asterisco (*). Aqueles que opten polo proceso de rexistro, disporán dunha «Área persoal», na que poderán xestionar, modificar ou actualizar os datos de carácter persoal así como as direccións de entrega, e consultar o histórico e detalle de pedidos.

Os datos financeiros recompilados durante as transaccións utilízanse  para a xestión do pagamento e a facturación do mesmo. Toda a información está cifrada e a súa transmisión realízase a través do protocolo de seguridade SSL (Secure Socket Layer), o que garantiza a súa total seguridade e confidencialidade. ATAQUILLA.COM non compartirá esta información con terceiros agás a necesaria comunicación a bancos e empresas que xestionan as tarxetas e/ou documentos de pagamento, para evitar operacións fraudulentas e ofrecer maior seguridade ao usuario.

2.2 Regala unha entrada

Tanto o usuario rexistrado coma a comprador ocasional poderán realizar unha compra de cualquera dos eventos de ATAQUILLA.COM, pudendo agasallar o resultado da compra  ou designar a un terceiro como beneficiario. Para iso, antes do proceso de pagamento,  poderase incluír  o nome do comprador, o correo electrónico do beneficiario e unha mensaxe opcional. Completada a transacción e verificado o pagamento, o destinatario recibirá as entradas mediante o sistema Print@home, ou na canle de recollida seleccionada polo comprador.

O correo electrónico do beneficiario non será utilizado para a remisión de correos electrónicos de carácter comercial, empregándose únicamente aos efectos oportunos expostos no presente apartado.

2.3 Vende as túas entradas

Aqueles  promotores que desexen vender las  entradas para os seus eventos desde   a plataforma de ATAQUILLA.COM deberán cumplimentar o formulario e indicar, nos campos solicitados, a persoa de contacto, a empresa e os medios mediante os cales un comercial de ATAQUILLA.COM se poida poñer en contacto con eles. Deberá indicarse, a título meramente informativo, o evento a promocionar, o número de entradas e o prezo das mesmas, se ben todo iso deberá formalizarse por escrito entre o promotor e ATAQUILLA.COM, para o que se firmará o oportuno contrato.

2.4 Navegación e redes sociais

Durante a navegación obtemos datos que nos aportan información sobre usabilidade e preferencias dos usuarios, segundo os termos e condicións que se prevén expresamente  no apartado de cookies. Dentro destas , utilízanse algunhas que permiten interactuar con redes sociais ou otras plataformas externas directamente desde a Web. A forma de interactuar do usuario e a información obtida durante a súa navegación estarán sometidas á  configuración de privacidade do propio Usuario en cada rede social, puidendo  incluso esas plataformas obter algunha información da súa navegación aínda que o usuario non faga  uso dos seus  servizos . En calquera  caso, o Usuario consinte  expresamente que  podamos  utilizar os seus gustos e preferencias para ofrecerlle  publicidade ou eventos que poidesen ser do seu  interese , dentro ou fóra da plataforma ou rede social.

2.5 Newsletter

Calquera usuario, cliente ou non de ATAQUILLA, pode suscribirse ao noso newsletter. De maneira periódica recibirá novas e novidades dos eventos dispoñibles na nosa plataforma así como importantes vantaxes promocionais.

En calquera momento e mediante un sinxelo e gratuíto proceso, o usuario poderá reclamar o consentimento outorgado, deixando de recibir nese preciso momento o newsletter.

3. Finalidade do tratamento

Os datos facilitados na cumplimentación dalgún dos formularios, os empregados na compra ou adquisición das entradas, ou aqueles utilizados durante a navegación, serán incorporados a un ou varios ficheiros, todos eles titularidade de ATAQUILLA.COM e tratados coas seguintes finalidades: i) a tramitación e xestión dos servizos solicitados, ben como comprador ou ben como promotor dos eventos publicitados; ii) aos efectos oportunos do formulario cumplimentado, ben co obxecto de contactar con ATAQUILLA.COM, ben para a tramitación da alta nos nosos boletíns ou newslettersiii) para aqueles usuarios rexistrados, recibir comunicacións comerciais, por calquera medio, incluso os electrónicos, de eventos similares aos adquiridos ou aqueles que poidesen ser do seu interese. Neste sentido os datos solicitados a través dos formularios que estean contemplados como “requirido”, serán de obrigatoria inclusión, xa que sen eles farase imposible a xestión interesada polo usuario.

O usuario garantiza que os datos aportados son certos e que obtivo o consentimento daquelas persoas cuxos datos son aportados para realizar adquisicións múltiples de entradas, para os casos en que estas deban ser nominais e por tanto, atribuídas a unha persoa concreta.

O sistema de venda de entradas utiliza un servidor seguro e a última tecnoloxía en encriptación. O servidor, con protocolo seguro (SSL) garantiza a confidencialidade e seguridade dos datos utilizados nas transaccións, os cales serán utilizados exclusivamente para a efectiva validación das mesmas.

ATAQUILLA.COM cederá os datos dos compradores de los eventos a aquel promotor ou promotores que os organicen, o que en ocasións será considerado como requisito imprescindible para o acceso ás  instalacións nas que se levará a cabo. Aparte do aquí indicado, non revelará a información persoal que nos proporcione neste sitio Web a terceiros , salvo cando a  revelación sexa esixida pola lexislación vixente, por orde xudicial, ou por unha autoridade  competente, así como cando deba comunicar os  datos indispensables por razón lóxica  da prestación do servizo  ou ben se pida de forma expresa dando o usuario o seu consentimento . ATAQUILLA.COM poderá  comunicar os datos e información imprescindible do usuario ás empresas asociadas de eventos, como recintos e promotores, se é preciso que ditas empresas se poñan  en contacto co usuario ou ben proporcionen información con respecto  ao evento ou espectáculo para o que o usuario  adquiriu unha entrada.

4. Medidas de seguridade

ATAQUILLA.COM garantiza a seguridad dos datos de carácter persoal  facilitados polos  usuarios e  adoptou os niveis   de seguridade de protección dos datos persoais  establecidos na normativa vixente , instalando todos os medios técnicos e organizativos ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non  autorizado e roubo  dos datos persoais facilitados.

Todos os datos proporcionados serán tratados segundo a normativa vixente sobre protección de datos persoais, e en todo caso terán  o carácter de confidencial para o persoal de ATAQUILLA.COM que xestione dita  información.

5. Dereitos dos usuarios destes servizos  en relación aos seus datos persoais .

En cumprimento do disposto na normativa aplicable  infórmase da  existencia de ficheiros de datos persoais debidamente inscritos no Rexistro Xeral da Axencia  Española de Protección de Datos. Os usuarios teñen recoñecidos e poderán exercitar os dereitos  de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante comunicación dirixida á Fundación Galicia Obra Social - Comité LOPD: San Andrés 135-137, 2º. 15003 da Coruña, acreditando previamente a identidade. Poderá dirixirse tamén  á dirección de correo electrónico: lopd@afundacion.org.

POLÍTICA DE COOKIES

1. Que é unha cookie?

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no dispositivo do usuario ao acceder a determinadas páxinas  web para almacenar e recuperar información sobre a navegación que se efectúa desde dito  equipo.

 2. Que cookies se utilizan?

ATAQUILLA utiliza neste  sitio web as  seguintes  cookies que se detallan a continuación:

 (Incluímos  un cadro a modo de exemplo , debendo ser completado segundo as  cookies implementadas no desenvolvemento  web)

 

 

Nome  

Finalidade

Proveedor

COOKIES PROPIAS

logged_in_key

Inicio de sesión

ATAQUILLA

Selec_idiom

Recordatorio de idioma

ATAQUILLA

COOKIES DE TERCEIROS

Utma_

Analítica

Google

Utmb_

Utmc_

Utumz_

 

_pk_id

Analítica

Piwik

 

Facebook social plugin

Social

Facebook

 

3. Como desactivalas?

Para desactivar o uso das cookies ou modificar a  súa configuración debe acceder á  configuración do seu navegador web. Axuntamos  a modo informativo, link á documentación dos navegadores máis frecuentemente utilizados.

  • Internet Explorer: Premendo aquí  
  • Chrome: Premendo aquí  
  • Mozilla Firefox: Premendo aquí
  • Apple Safari: Premendo aquí

.

.

Boletins

Suscríbete para estar ao día das nosas novidades

Ataquilla.com

Leva as túas entradas no móbil
Infórmate