Menú
Concerto Solidario Homenaje a Alfonso Fernández Méndez

Concerto Solidario Homenaje a Alfonso Fernández Méndez

Desde10,80 €

Ágora | A Coruña

24 Octubre 2024 20:00

Este concerto benéfico pretende recadar fondos para a Asociación Española Contra el Cancer . Cremos que a mellor forma de facelo é a través da música e a poesía. Reunímonos para honrar a memoria de Alfonso Fernández Méndez, baixista de longa dtraxetoria na cidade da Coruña, falecido o 20 de febreiro deste ano. A súa viaxe persoal, nos últimos meses da súa vida, implicou unha dura loita contra o cancro múltiple terminal. Por iso, e a través da música de diferentes grupos cos que tocou, queremos homenaxear a súa figura e a de tantas persoas que viron truncadas a súa vida, soños e proxetos como consecuencia desta enfermidade. Durante os 90 minutos que dura o concerto, o público poderá escoitar e gozar da música de músicos emblemáticos da Cidade e, ademais, presentarase o último proxeto no que Alfonso colaborou coas súas composicións e música. A organizado corre a cargo de dúas entidades moi comprometidas coas causas sociais: a AA.VV. do Ventorrillo (A Coruña) e a Asociación Cultural Musicambre.

Cómo

llegar

Lugar da, Av. Gramela, 17, A Coruña

15010 A Coruña