Desde0,00 €
Igrexa das Capuchinas | A Coruña
03 Mayo 2025 20:00
Fundado en 1996, o Cuarteto Diotima é unha das formacións máis demandadas na escena internacional actual.
Diotima traballou en estreita colaboración con varios dos mellores compositores de finais do século XX, especialmente Pierre Boulez (quen revisou o seu Livre pour quatuor para eles) e Helmut Lachenmann.
O seu nome reflicte a dobre identidade musical do grupo: a palabra Diotima é unha referencia ao romanticismo alemán -Friedrich Hölderlin deu ese nome á muller da súa vida na súa novela Hyperion- aínda que é tamén unha chiscadela á música do noso tempo, lembrando a obra de Luigi Nono Fragmente-Stille, an Diotima.
PROGRAMA
LIVRE POUR QUATUOR (SECCIÓN IA E IB)
PIERRE BOULEZ
TORSO
MÁRTON ILLÉS
LIVRE POUR QUATUOR (SECCIÓN IIIA, IIIB E IIIC)
PIERRE BOULEZ
GRAN TORSO
HELMUT LACHENMANN
Rúa Panaderas, 42, A Coruña
15002 A Coruña