Menú
REVOLUTI8N - Sumrrá

REVOLUTI8N - Sumrrá

Desde4,50 €

Teatro Colón | A Coruña

21 Junio 2026 20:00

Podemos mudar a nosa realidade. Facémolo de xeito individual a diario e témolo feito como especie. Sabemos que a música é unha canle de comunicación inmediata, directa, universal, primitiva e atemporal. Ademáis de cambiar a nosa química de xeito individual, modula o pensamento, a forma en que percibimos o mundo, e pode amosar novos referentes de interacción coa realidade que nos rodea. Por que non abordar desde a nosa música, unha serie de posibles revolucións? Por que non dirixir o noso ritual da música ao vivo en comunidade cara camiños que provoquen cambios? Cambios en quen forma parte do noso ritual, en calquera forma e lugar,, e cambios en nós… Será a música a forza sanadora do Universo? Será a música a forma de acceder ó autocoñecemento profundo e á Paz? Será a música a porta á Revolución? 

A REVOLUCIÓN SERÁ INTERNA, OU NON SERÁ 

Manuel Gutiérrez, Xacobe Martínez Antelo e Lar Legido son SUMRRÁ. Tras 25 anos de recoñecida traxectoria internacional, o trío mais lonxevo da escena jazzísitca estatal presenta o seu novo oitavo disco: Revoluti8n. Un traballo de carácter intimista que levan ao vivo en colaboración coa artista visual Laura Iturralde e queentende a música como unha linguaxe universal capaz de provocar cambios profundos, abrindo a porta a unha revolución persoal e colectiva para convidarnos a conectar coa emoción, a conciencia e a paz.  

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Toda persoa que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto deberá facelo con entrada, independentemente da idade que teña ou de que ocupe ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida, agás auga.

• Quedan reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos e concertos programados. Non está permitido facer fotografías nin gravacións antes, durante nin ao finalizar o concerto sen a autorización da organización.

• Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.



Cómo

llegar

Avenida Marina, n7A, A Coruña

15001 A Coruña