Desde10,00 €
Salón Teatro | Santiago de Compostela
Desde el 10 Abril 2025
Hasta el 17 Abril 2025
Coa montaxe do CDG A Burra, a Mesa e o Pau, chega tamén unha nova aposta das ImproVersións ao Salón Teatro. Baseándose na obra de Lorena Conde, as improvisadores inspiraranse no estilo e na atmósfera da obra, así como nas suxerencias dos espectadores, para realizar variantes libres e aloucadas a redor desta nova produción.
Coa direción de Antón Coucheiro e coa novísma compañía de improvisación teatral As Teimas sobre o escenario, realizaranse dúas únicas funcións, que servirán para facer de ponte entre diversos públicos, e para que a divertida linguaxe da impro dialogue cunha posta en escena teatral.
Creación en directo, dramaturxia instantánea, historias efémeras, escenas irrepetibles, a outra cara do teatro. Benvidas, a impro continúa no Salón Teatro.
Idea/direción: Antón Coucheiro
Elenco: Susana Sampedro, Sheyla Fariña e Marta Doviro
Produce: Antón Coucheiro e As Teimas
Rúa Nova, 34, Santiago de Compostela
15705 Santiago de Compostela