Desde6,00 €
Salón Teatro | Santiago de Compostela
Desde el 03 Mayo 2025
Hasta el 04 Mayo 2025
Ela e El vólvense atopar, moito tempo despois. Ao longo da noite, tratarán de recompoñer as lembranzas do que foi a súa relación; os soños que compartiron, os medos que a truncaron, as ficcións que crearon e as cidades onde a imaxinaron xuntos.
Profetas presenta o encontro dunha parella que xa non o é. Dúas persoas que fan balance da súa historia común por medio doutras historias do cinema e da literatura. Cuestións como o compromiso político e artístico, o amor e a creación están presentes nunha peza que funciona como un xogo de agochados, de abismos e de saltos entre realidade e ficción. Un conto que se conta para contarnos.
PROFETAS de Ernesto Is (16º Premio Abrente de textos teatrais da MIT de Ribadavia 2021).
Rúa Nova, 34, Santiago de Compostela
15705 Santiago de Compostela