Desde6,00 €
Salón Teatro | Santiago de Compostela
Desde el 26 Abril 2025
Hasta el 28 Abril 2025
FICHA DE ESPECTÁCULO
DRAMATURXIA, DIRECCIÓN, ESCENOGRAFÍA, VESTIARIO e ILUMINACIÓN: Roberto Salgueiro
ELENCO: Antía Cortegoso, Sérgio Novo, Alberto Medeiros, Marta Casais.
SINOPSE :
Hai unha certa tendencia a ver a Rosalía desde a epiderme da súa poesía, esa presenza que, irremediablemente, vai ligada a este verbo dun xeito mecánico. Detémonos na melanina dos seus versos e pousamos a ollada no escudo das súas palabras contra os axentes patóxenos. Fundamental como salvagarda, defensa, abrigo contra o ataque exterior, este acubillo non deixa de ser lixeiro, feble baluarte que, por diversas razóns históricas (políticas) convén manter. Pero é na derme da súa produción literaria onde podemos adentrarnos, mirar e observar unha capa máis grosa e robusta composta dunha complexa rede de coláxeno e elastina. É na dobrez de cada verso, no pregue do seu texto -como diría Barthes- que se acocha o indicible e, paradoxalmente, o verdadeiro de Rosalía. O que se di desde detrás do verso, desde o lado inverso da palabra. A cara oculta do texto onde se regula, como fai a derme, a temperatura do ánimo.
Rúa Nova, 34, Santiago de Compostela
15705 Santiago de Compostela