Menú
Sala Fernando Rey: Bon voyage Marie de Enya Baroux

Sala Fernando Rey: Bon voyage Marie de Enya Baroux

Desde2,00 €

Fórum Metropolitano - Sala Fernando Rey | A Coruña

Desde o 05 Setembro 2025

Ata o 06 Setembro 2025

Con Hélène Vincent, Pierre Lottin, Juliette Gasquet

Francia 2025

96 minutos – VOSE

Non recomendada menores 12 anos

Marie é unha muller de 80 anos que ten un plan que non se atreve a confesar. Por iso, cando o seu fillo Bruno e a súa neta Anna insisten en saber o porqué da súa repentina viaxe a Suíza, improvisa unha historia incrible sobre unha herdanza esquecida nun banco. O que empeza como unha mentira piadosa, convértese nunha disparatada viaxe familiar nunha vella autocaravana ao que se une Rudy, un asistente social ao que apenas coñecen e que se ve atrapado en contra da súa vontade na aventura.

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO 

Rógase puntualidade. Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante a mesma

Ao acceder á sala de cinema poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos

Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión

Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala

Non está permitido gravar ou fotografar as películas

Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e luz molestan ao público asistente

As salas de cinema teñen reservado o dereito de admisión

Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas de cinema teñen que contar con entrada, independentemente da idade que teñan e de que ocupen ou non butaca

Os cochecitos e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles indicacións

Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas das películas

Garde as súas localidades durante a proxección; poderán ser requiridas polo responsable da sala

A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias

RECOMÉNDASE: 

Actuar con responsabilidade




Como

chegar

Rúa Río de Monelos, 1, A Coruña, A Coruña

15006 A Coruña