Menú
NORTE CINEMA DIVERSO – Capitanes + House + Fuego Fatuo

NORTE CINEMA DIVERSO – Capitanes + House + Fuego Fatuo

Desde3,50 €

Teatro Colón | A Coruña

20 Febreiro 2025 21:00

Título orixinal: Capitanes

Dir. Kevin Castellano, Edu Hirschfeld

País: España

Ano: 2024

Xénero: Ficción

Duración: 15 min

Sinopse: Durante unha semifinal de Copa cargada de tensión e agresión, os dous capitáns dun equipo de fútbol teñen unha discusión que acaba por desvelar o que se agocha nos vestiarios da Primeira División: o silencio dos futbolistas homosexuais.


Título orixinal: House

Dirixida por Pablo Padovani

País: Arxentina

Ano: 2023

Xénero: Documental

Duración: 13 min

Sinopse: Azula é unha artista venezolana que atopou unha nova voz no Salón de Baile, en Arxentina. Unha escena cultural que a axudou a recoñecerse e expresarse como unha persoa trans non binaria. A través da organización Socio Ballroom, Azula apoia á comunidade LGBTIQ+. A cultura Balll é un espazo de resistencia contra a violencia e a discriminación, onde os refuxiados e os solicitantes de asilo poden sentirse seguros.


Título orixinal: Fuego Fatuo

Dirixida por João Pedro Rodrigues

País: Francia - Portugal

Ano: 2022

Xénero: Ficción

Duración: 67 min

Sinopse: No seu leito de morte, a súa Alteza Real Alfredo, rei sen coroa, volve aos afastados recordos da súa mocidade e da época na que soñaba con ser bombeiro. O encontro co instrutor de bombeiros Alfonso abre un novo capítulo na vida de dous mozos, inmersos no amor e no desexo.

Como

chegar

Avenida Marina, n7A, A Coruña

15001 A Coruña