Menú
Colón Cinema – MULHOLLAND DRIVE de David Lynch

Colón Cinema – MULHOLLAND DRIVE de David Lynch

Desde6,80 €

Teatro Colón | A Coruña

24 Setembro 2026 19:30

Catalogada en varias listas como a mellor película do século XXI, a obra mestra de David Lynch é un prodixio onírico que se mira en Vértigo, de Hitchcock, para crear unha trama labiríntica onde as personalidades se desdobran, as preguntas duplican as respostas e o soño dunha actriz en Hollywood se converte en pesadelo. Máis ca unha película, Mulholland Drive é un fermosísimo misterio que se alzou co premio ao mellor director no Festival de Cannes.

Ao finalizar a proxección haberá unha charla-coloquio con David Rubín (historietista, ilustrador e animador).

David Rubín, debuxante de cómic ourensán, é creador de títulos como La tetería del oso malayo, El héroe, Beowulf ou El fuego. Conta tamén cunha longa traxectoria no cómic estadounidense, onde traballou con autores da talla de Matt Kindt ou Jeff Lemire. A súa obra proporcionoulle multitude de premios nacionais e internacionais, como o Eisner, o «Óscar» dos cómics. Encántalle o cinema, medio para o que traballou en varias ocasións.

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Rógase puntualidade. Unha vez comezada a proxección, non se permitirá o acceso á sala nin se garante o acceso de novo se se abandona a sala durante a mesma.

  • Ao acceder á sala de cinema poderase solicitar o documento que acredite o dereito a algún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.

  • Non se admiten cambios nin devolucións, agás en caso de suspensión.

  • Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.

  • Non está permitido gravar nin fotografar as películas.

  • Apaguen os teléfonos móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e a súa luz molestan ao público asistente.

  • As salas de cinema resérvanse o dereito de admisión.

  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas de cinema deberán contar cunha entrada, independentemente da súa idade e de que ocupen ou non unha butaca.

  • Os carriños e soportes para bebés deberán deixarse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles as indicacións oportunas.

  • Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas das películas.

  • Conserve as súas entradas durante a proxección; poderán ser requiridas pola persoa responsable da sala.

  • A organización resérvase o dereito de reubicar as localidades por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

  • Actuar con responsabilidade.

Como

chegar

Avenida Marina, n7A, A Coruña

15001 A Coruña