Desde6,80 €
Teatro Colón | A Coruña
01 Outubro 2026 19:30
Con José Isbert, Emma Penella
España
1963
90 minutos
O gran Rafael Azcona asina a trama dun pobre home que, obrigado polas circunstancias, herda o oficio do seu sogro (Pepe Isbert, encarnando un verdugo do franquismo). El Verdugo é a mellor película de Luis García Berlanga e unha obra clave da nosa cinematografía que, baixo o disfrace da comedia, agocha unha feroz crítica a unha España desenvolvementista, kafkiana e deprimente. Unha lección de cinema no fondo e na forma, un monumento que se mantén como o primeiro día.
Ao finalizar a proxección haberá unha charla-coloquio con Samantha Hudson (cantante, actriz e activista).
Samantha Hudson: cantante, compositora, produtora, guionista, actriz e icona 360. Figura emblemática da contracultura contemporánea polo seu discurso crítico e vangardista e polo seu labor a prol do colectivo LGTB. Foi galardoada con premios como o MTV EMA 2023 á Mellor Artista Española e presentou a última edición dos Premios Feroz, entre moitas outras actividades.
Avenida Marina, n7A, A Coruña
15001 A Coruña