Desde6,80 €
Teatro Colón | A Coruña
22 Outubro 2026 19:00
Con Philip Yankovsky, Margarita Terekhova
Unión Soviética, 1975
107 minutos
A obra máis fermosa e enigmática de Andrei Tarkovski é un caleidoscopio sobre as etapas dunha vida humana, unha elexía sobre lembranzas familiares, sensacións, emocións e soños, e un relato fragmentado sobre a arte, o amor e a culpa. As extraordinarias imaxes de El espejo evocan con nostalxia os alustros da memoria. Unha experiencia única para o espectador.
Ao finalizar a proxección haberá unha charla-coloquio con María Von Touceda (crítica de arte, escritora).
María von Touceda (Santiago de Compostela, 1979) é escritora licenciada en Historia da Arte. Traballa como crítica de Arte escribindo textos para artistas, galerías e institucións. Tamén realiza labores de comisariado e colabora con medios como Smoda, El Salto e a revista Cáñamo.
Avenida Marina, n7A, A Coruña
15001 A Coruña