Desde6,80 €
Teatro Colón | A Coruña
05 Novembro 2026 19:30
Con Machiko Kyô, Mitsuko Mito
Xapón, 1953
96 minutos
Baseada en varios relatos de carácter fantástico do século XVIII, Kenji Mizoguchi constrúe unha obra maxistral sobre dous irmáns que buscan gloria e riqueza. Pouco a pouco, o sobrenatural invade a realidade e as aspiracións dos protagonistas rompen en mil anacos, mentres o cineasta nos deixa varias das imaxes máis perdurables do cinema xaponés. Unha película que se experimenta como un soño cos ollos abertos.
Ao finalizar a proxección haberá unha charla-coloquio con Antonio Muñoz Molina (escritor).
Antonio Muñoz Molina é un dos grandes escritores contemporáneos, coñecido por novelas como El invierno en Lisboa e El jinete polaco. Escribiu ensaios sobre a sociedade e a memoria e é columnista en El País. Recibiu premios como o Príncipe de Asturias (2013) e o Miguel de Cervantes (2019). O seu último libro é El verano de Cervantes.
Avenida Marina, n7A, A Coruña
15001 A Coruña