Desde6,80 €
Teatro Colón | A Coruña
20 Decembro 2026 19:00
Con
Sandrine Bonnaire, Macha Méril
Francia
1985
105 minutos
A historia dunha vagabunda (descomunal Sandrine Bonnaire) convértese, da man de Agnès Varda, nun dos retratos femininos máis extraordinarios do cinema. Sen teito nin lei é unha road movie sobre o desarraigamento. Á súa vez, é un estremecedor retrato da inhumanidade da sociedade con aqueles que non encaixan nela. Gañadora do León de Ouro no Festival de Venecia, é unha película que formula preguntas, interpélanos e atrávesanos como só o gran cinema sabe facer.
Ao finalizar a proxección haberá unha charla-coloquio con Lúa Ribeira (fotógrafa da axencia Magnum).
Lúa Ribeira é fotógrafa e membro da Axencia Magnum. A súa obra explora, entre outros temas, as dinámicas de exclusión, o feminismo e movementos xuvenís como as festas de “dancehall” británicas, recollidas no seu fotolibro Noises in the Blood. O seu traballo expúxose en varias das galerías máis prestixiosas de Europa e foi galardoado en numerosas ocasións.
Avenida Marina, n7A, A Coruña
15001 A Coruña