Desde60,50 €
Palacio de la Ópera | A Coruña
21 Xuño 2025 20:00
dIRE sTRAITS Symphonic
gREAT sTRAITS e a OSG estrean un show sinfónico único no mundo
O recoñecido guitarrista coruñés Óscar Rosende e a súa banda gREAT sTRAITS estrean, en colaboración coa Orquesta Sinfónica de Galicia, o show "dIRE sTRAITS Symphonic"
"dIRE sTRAITS Symphonic" percorrerá os grandes éxitos de dIRE sTRAITS nunha viaxee histórica e única a nivel mundial, coa base rítmica e rockera de gREAT sTRAITS, o acompañamento e arreglos orquestais da prestixiosa Orquesta Sinfónica de Galicia (con máis de 60 músicos, e baixo a dirección de José Trigueros) e a interpretación da guitarra solista de Óscar Rosende, considerado un dos melores intérpretes a nivel mundial de Mark Knopfler.
A estrea de "dIRE sTRAITS Symphonic" será o vindeiro 21 de xuño de 2025 no Palacio da Ópera da Coruña, coincidindo co "Día de la Música".
En palabras de Óscar Rosende: "É a culminación de moitos anos de ilusionante traballo. Hai moito tempo que soñaba con levar a música de dIRE sTRAITS a outro nivel, e poder estrear o show sinfónico así é toda unha satisfacción. Seguro que os fans de Mark Knopfler, e da boa música en xeral, se emocionarán e disfrutarán con este espectáculo único e especial".
A Coruña convertirase así na gran capital mundial da música de dIRE sTRAITS, da man de "dIRE sTRAITS Symphonic" e a guitarra de Óscar Rosende, do que o propio Guy Fletcher (teclista de dIRE sTRAITS e Mark Knopfler) chegou a publicar na súa web tras escoitarle tocar:
"Estaba tocando "Why aye man" e teño que dicir que pensei que era unha gravación nosa".
https://direstraitssymphonic.com/
Glorieta de América, s/n, A Coruña
15004 A Coruña