Menú
CICLO INTERMODAL. MARIZA

CICLO INTERMODAL. MARIZA

Desde36,72 €

Palacio de la Ópera | A Coruña

07 Decembro 2025 21:00

Máis de 20 anos de carreira dunha artista que non precisa presentación nun camiño que comezou discretamente, como un fenómeno local case oculto, compartido só por un pequeno círculo de admiradores de Lisboa.

É o que fixo que Mariza, e a súa extraordinaria voz, se convertesen nunha das estrelas máis aplaudidas no circuito de World Music. E unha verdadeira embaixadora do Fado que non dubida en levalo por camiños novos e atrevidos, sen perder nunca de vista a súa alma.

Ningún outro artista portugués desde Amália Rodrigues construiu unha carreira internacional con tanto éxito, referencias entusiastas dos críticos musicais máis esixentes e unha interminable sucesión de premios e distincións internacionais.

Como sempre, os seus compañeiros musicais seguen sendo só os mellores: Jacques Morelenbaum e John Mauceri, José Merced e Miguel Poveda, Gilberto Gil e Ivan Lins, Lenny Kravitz e Sting, Cesária Évora e Tito Paris, Vanesa Martín e Sergio Dalma, Rui Veloso e Carlos do Carmo. E o seu repertorio, aínda que segue firmemente ancorado no Fado clásico e contemporáneo, expandiuse para incluír mornas caboverdianas, clásicos de Rhythm & Blues e calquera outra melodía que lle sexa querida.

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca

Non se admiten cambios nin devolucións das entradas

Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida excepto auga

Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos / concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o concerto cu sen a autorización da organización

Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Como

chegar

Glorieta de América, s/n, A Coruña

15004 A Coruña