Auditorio Teatro Afundación Vigo | Vigo
César Gutiérrez (tenor)
Beatriz Riobó (soprano)
Carlos Enrique Pérez (piano)
Cuarteto de Corda, Mario Peris (violín I), Vania Collazo (violín II) e Ana Martínez Pinal (viola), Ana Torres (violoncelo).
Concerto onde se interpretarán a integral das cancións de cámara de Puccini así como, o seu delicado e soado cuarteto de corda, “Crisantemi”.
Aínda que Puccini é universalmente coñecido polas súas óperas, o indiscutible xenio musical italiano tamén prestou especial interese á composición camerística. Neste ámbito máis íntimo expresouse con especial sensibilidade, deixando para a posteridade 4 belas páxinas para cuarteto de corda e un apreciado catálogo de cancións para voz e piano- Estas obras, en moitos casos, foron utilizadas polo de Lucca nalgunhas das súas óperas máis populares.
Non estamos por tanto ante outro Puccini. Estas pequenas perlas vocais recollen o indiscutible sentido teatral do compositor e mergúllannos en emotivas narrativas que denotan a palpable influencia da súa íntima relación coa natureza, coa terra e o mar que rodeaban a súa amada residencia toscana de Torre do Lago.
Marques de Valladares s/n, Vigo
36201 Vigo