Desde22,00 €
Auditorio de Galicia | Santiago de Compostela
26 Decembro 2025 20:30
Abraham Cupeiro presenta “Loira”, o seu novo álbum.
Mentres escribo estas liñas, ela, Loira, está o meu carón, como cando facia vídeos na cuarentena no sofá da miña casa. Quizais teña que ver que estea cega para que lle guste tanto a música.
Ela é mestiza, coma este disco que ten temas dispares, pezas que pasan da euforia ao recollemento, cancións que son unha escolma de temas perdidos nun caixón dende hai anos e que me apetecía que quedaran rexistrados para que os poidades desfrutar.
Av. do Burgo das Nacións, Santiago de Compostela
15704 Santiago de Compostela