Desde0,00 €
Teatro Colón | A Coruña
30 Xuño 2024 20:00
Revelación absoluta da nova canción galega, o seu rexistro móvese entre o jazz-pop, a canción alternativa de autor e a querenza pola música tradicional galega. En Carta Aberta, o seu primeiro traballo discográfico, revélase un estilo propio que conquista a crítica e público, levándoa a presentar a súa música en festivais e salas de toda a península e internacionalmente en Portugal, Marrocos e República Checa. Ten participado en festivais tales como o Festival de Jazz de San Sebastián, Veranos de la Villa, Os Xoves de Códax, Jazz ao Norte, Festival N2 ou o Festival Maré, entre moitos outros; e colaborado con artistas da talla de Xabier Díaz, Baiuca, Las Migas ou Luis Pastor.
Gañadora do Premio Martín Códax da Música Galega como Artista Emerxente, foi tamén finalista dos Premios MIN en dúas categorías e embaixadora de Spotify EQUAL, facendo que a portada do seu primeiro álbum saíse en rotación en Times Square (NY). En 2023 é escollida por AIE para xirar por España e Marrocos e seleccionada para participar na maior feira musical de África (Visa for Music), ademais de ser finalista nos Premios
da Crítica de Galicia. En 2024 continúa xirando e presentando novas cancións que formarán parte do seu segundo álbum.
Formación:
Antía Muíño: guitarra, pandeireta e voz
Miguel Arribas: saxofóns e teclado
Ton Risco: percusión
Yudit Almeida: contrabaixo
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Calquera persoa que entre no recinto onde terá lugar o concerto deberá facelo con entrada independentemente da súa idade ou que ocupe ou non asento.
• Non se permiten cambios nin devolucións de entradas.
• Non está permitida a entrada ao recinto onde terá lugar o concerto con comida ou bebida salvo auga.
• Todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados están reservados. Non está permitido facer fotos ou gravar antes, durante ou ao final do concerto sen a autorización da organización.
• Unha vez iniciado o concerto non se permitirá o acceso á sala.
SE RECOMENDA:
Actuar con responsabilidade.
Avenida Marina, n7A, A Coruña
15001 A Coruña