Desde0,00 €
Teatro Colón | A Coruña
09 Novembro 2024 20:00
A proposta de Sumrrá, formada por Xacobe Martinez Antelo (contrabaixo), Manuel Gutiérrez (piano) e Lar Legido (batería/obxectos sonoros), é un trío que leva 25 anos explorando as fronteiras do jazz. Cunha sólida traxectoria internacional e sete discos no seu haber, consolídanse como unha das formacións máis lonxevas da escena jazzística nacional. Percorreron escenarios en cidades como Seúl, París, Johannesburgo, Vitoria, Vancouver, Sofía e Braga, entre moitas outras, ofrecendo un espectáculo potente e vangardista. Para celebrar o seu aniversario, Sumrrá convida ao célebre Niño de Elche, coñecido pola súa fusión de flamenco e outros xéneros. Neste novo espectáculo, combinan a música orixinal do trío con letras que abordan temas arredor dos dereitos humanos e a xustiza social, incluíndo referencias a figuras emblemáticas como Martin Luther King e Malala Yousafzai.
Este concerto, que mestura tradición e modernidade, promete ser unha experiencia conmovedora que remove conciencias e aquece a alma.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida excepto auga
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o concerto sen a autorización da organización
• Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Avenida Marina, n7A, A Coruña
15001 A Coruña