Menú
A Conexión Atlántica

A Conexión Atlántica

Desde0,00 €

Teatro Colón | A Coruña

02 Febreiro 2025 19:30

A Conexión Atlántica

Músicas chegadas do Oeste que empaparon a vida cultural coruñesa

A Deputación da Coruña ofrece a oportunidade de gozar no Teatro Colón de catro formacións de auténtico luxo. 

Actuarán  Filloa'zz Quintet, músicos que actúan habitualmente no Jazz Filloa ofrecendo tributos a grandes do Jazz, Imägo, Greasy Belly e Rockers Go To Hell.  Haberá convidadas que ofrecerán grandes momentos e contaremos con Diana Sieira presentando o evento. 

Un espectáculo que constata o fondo calado que a cultura das músicas negras chegadas dende os Estados Unidos marcaron a vida cultural na cidade da Coruña. Un impacto tanto para múltiples formacións artísticas, para o público e para as salas de concertos, teatros e outros espazos que as acollen dende fai décadas, dende o Gospel, o Jazz, o Soul e o Rock nas súas múltiples variantes.

Iso si, son todo ritmos creados orixinalmente polas comunidades negras chegadas dende África, compre lembralo. O Atlántico como nexo de unión para as vibracións que emocionan a tanta xente. 

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas

• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida excepto auga

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o concerto sen a autorización da organización

• Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Como

chegar

Avenida Marina, n7A, A Coruña

15001 A Coruña