Menú
MILLADOIRO

MILLADOIRO

Desde19,60 €

Teatro Colón | A Coruña

11 Outubro 2025 20:30

A historia viva da música galega regresa aos escenarios coruñeses. Milladoiro, banda pioneira e símbolo do noso folk contemporáneo, ofrecerá un concerto único no Teatro Colón dentro do ciclo Folk no Colón.

Con máis de catro décadas de traxectoria, Milladoiro foi quen de levar os sons tradicionais de Galicia a escenarios de todo o mundo, dende Escocia ata os Estados Unidos, mantendo sempre acesa a chama da nosa identidade cultural a través da música. A súa proposta combina instrumentos ancestrais, composicións propias e melodías de raíz, cunha sensibilidade artística que emociona xeracións enteiras.

Neste concerto, o grupo repasará algunhas das pezas máis emblemáticas do seu repertorio, celebrando a beleza e a forza da música de raíz cunha posta en escena elegante, íntima e chea de matices. Unha oportunidade irrepetible para reencontrarse coa alma sonora de Galicia da man dunha das súas bandas máis internacionais.

. NORMAS DE ACCESO Ó RECINTO
• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida excepto auga
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o concerto sen a autorización da organización
• Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.

Como

chegar

Avenida Marina, n7A, A Coruña

15001 A Coruña