Menú
CAPERCAILLIE

CAPERCAILLIE

Desde19,60 €

Teatro Colón | A Coruña

10 Setembro 2025 20:30

Unha das bandas máis lendarias da música celta mundial, Capercaillie, chega por fin a Galicia dentro do ciclo Folk no Colón, para ofrecer unha noite inesquecible de música enraizada, emocións profundas e sonoridades atlánticas.

Desde as Highlands escocesas ata os escenarios máis emblemáticos do planeta, Capercaillie leva máis de catro décadas reinventando e internacionalizando a música tradicional gaélica, con discos que marcaron un antes e un despois e coa voz marabillosa de Karen Matheson, descrita por Sean Connery como "unha gorxa tocada por Deus”.

Vive unha noite máxica coas melodías hipnóticas, os ritmos ancestrais e a forza viva da cultura celta nun espectáculo que celebra a tradición e a modernidade cunha elegancia única. Non perdas a oportunidade de escoitar en directo unha das bandas máis influíntes e admiradas da música celta contemporánea

. NORMAS DE ACCESO Ó RECINTO
• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida excepto auga
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o concerto sen a autorización da organización
• Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.

Como

chegar

Avenida Marina, n7A, A Coruña

15001 A Coruña