Teatro Colón | A Coruña
HORARIOS
19:30h: Apertura de portas
20:00h: Concerto Belém Tajes
21:00h: Inicio de concerto
AIDA E RAÜL REFREE PRESENTAN ‘GALA i OVIDIO’, O SEU NOVO PROXECTO MUSICAL
AIDA TARRÍO (TANXUGUEIRAS) E RAÜL REFREE FARÁN NA CORUÑA A ESTREA ESTATAL DESTE PROXECTO NO QUE ATOPAN OUTROS TERRITORIOS PARTINDO DA MÚSICA TRADICIONAL
Gala i Ovidio, o novo proxecto musical que une a Raül Refree, prestixioso músico e produtor e a Aida Tarrío, compoñente do recoñecido grupo Tanxugueiras, realizará o seu primeiro concerto o xoves 28 de agosto, dentro das Festas de María Pita da Coruña.
O proxecto rende homenaxe no seu nome aos fillos da escritora galega Rosalía de Castro. En 1871 a escritora galega Rosalía de Castro deu a luz en Lestrove aos xemelgos Gala i Ovidio. Aida e Raül atopáronse en 2021 no Pazo de Mariñán e pronto souberon que debían hermanarse nun proxecto musical.
Catro anos tardaron en darlle forma, entre procuras e gravacións, a Gala i Ovidio, un proxecto que se levou en segredo ata o día de hoxe. Os dous recoñecidos artistas coñecéronse para interpretar cancións tradicionais de Galicia e inspirados por elas foron atopando novos territorios onde a tradición intúese e os xéneros dilúense. A Raül gústalle dicir que Aida ten ás mulleres galegas dos últimos decenios na súa voz e que este arraigamento permítelles experimentar sen perder a identidade.
Aida Tarrío
Aida, integrante do grupo Tanxugueiras, é unha artista multidisciplinar que combina o seu talento vocal xunto á súa destreza no baile. Compaxina a súa presenza no grupo máis importante da música galega actual con proxectos persoais que exploran diferentes expresións artísticas. Aida transita con naturalidade entre a música e a danza, sendo intérprete en destacadas creacións escénicas da prestixiosa Compañía Fran Sieira ou xunto ao recoñecido coreógrafo Dani Rodríguez. A súa formación e traxectoria están vinculadas á música tradicional galega, da que é docente e expoñente, levando a súa cultura e tradición ata novos límites.
Raül Refree
Raül Refree é un dos produtores europeos máis aclamados da última década. A súa amplitude estilística e versatilidade leváronlle a ter un perfil que vai desde músico experimental a produtor de estrelas do pop ou compositor de bandas sonoras premiadas, como “La Mesías” ou “Un año, una noche”
Interesado desde os seus inicios na renovación da música tradicional, Raül Refree converteuse nos últimos anos no nome de referencia do novo flamenco en España traballando xunto a nomes como Rosalía, Rocío Márquez ou Niño de Elche. O seu álbum con Rosalía, Los Ángeles, foi Disco de Ouro en varias ocasións. Estrelas como Ricky Martin reivindican o seu talento mentres el segue apostando por novos talentos por descubrir, como Rodrigo Cuevas, Guitarricadelafuente ou Maestro Espada.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todas as persoas que entren no recinto onde se celebrará o concerto deben ter entrada, independentemente da súa idade ou de que ocupen ou non asento.
• Non se permiten cambios nin reembolsos de entradas.
• Non se permite o consumo de comida nin bebida, agás auga, dentro do recinto onde se celebrará o concerto.
• Reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos/concertos programados. Prohíbese facer fotos ou gravacións antes, durante ou despois do concerto sen a autorización da organización.
• Unha vez comezado o concerto, non se permitirá o acceso ao recinto.
RECOMENDADO:
Actuar con responsabilidade.
Avenida Marina, n7A, A Coruña
15001 A Coruña