Desde0,00 €
Teatro Colón | A Coruña
02 Novembro 2025 20:00
75 min
ARTISTAS:
Regina
Laza: violín I
Mihai Tanasescu: violín II,
Gigi
Mazzucato: viola
Andrea Fernández: violonchelo
Estefanía Gómez - danza
Aida Saco Beiroa estrea no Teatro Colón o seu espectáculo Urdimes.
Pianista e compositora galega, de Rianxo, ten unha "personalidade musical sumamente interesante e vivo instinto pianístico" en verbas de Josep Colom. Formada nos prestixiosos conservatorios Codarts-Rotterdam, Schola Cantorum de París, Conservatori del Liceu e na Manhattan School of Music de New York.
Ten publicado dous traballos discográficos: "Metamorfoses" (2017) e "Ronseis do tempo" (2019). Este verán de 2025 actuou nas Festas do Apóstolo de Santiago de Compostela.
URDIMES
Durante os dous últimos anos, Aida desenvolve “Urdimes”, un proxecto na cidade de Nova York que foi premiado coas únicas bolsas de música outorgadas polo Ministerio de Cultura en 2022 (Beca Fulbright do Ministerio de Cultura e Deporte) e a Fundación “la Caixa” en 2024. “Urdimes” é unha homenaxe a figuras artelladoras da Cultura Galega (Castelao, García Lorca, Maruxa Mallo) que desenvolveron un vínculo persoal e artístico coa cidade de Nova York. Así, a través das súas propias composicións, a improvisación e a colaboración interdisciplinar con outros artistas, Aida establece unha conexión coa súa obra e vivencias, a medida que ela tamén descubre a cidade nun espectáculo onde a música de piano e a evocación son protagonistas.
Convertida xa nunha pianista e compositora activa en Nova York, e tendo actuado recentemente en espazos como Greenfield Hall, NYC Piano Week at 100 Sutton, ou Skirball Center coa Orquestra das Nacións Unidas, Aida presentou este proxecto en espazos emblemáticos da cidade como Studio 28, Ideal Glass Studios ou o Bowery Poetry, onde contou coa colaboración do poeta galego Marcos de la Fuente.
Neste estrea en Galicia estará acompañada nalgunhas das pezas por un cuarteto de corda e algunha sorpresa máis.
Duración do espectáculo: 75 minutos
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todo ou que acceda ao recinto non que terá lugar ou concerto debe facelo con entrada independentemente dá idade que teña ou de ocupar ou non butaca
• Non admítense cambios nin devolucións dás entradas
• Non está permitida a entrada ao recinto non que terá lugar ou concerto con comida nin bebida excepto auga
• Están reservados todos vos dereitos de imaxe e propiedade intelectual dúas concertos programados.
Non permítese sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar ou concerto sen a autorización dá organización
• Unha vez comezado ou concerto non permitirase ou acceso á sala
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Avenida Marina, n7A, A Coruña
15001 A Coruña