Desde0,00 €
Teatro Colón | A Coruña
15 Novembro 2025 20:00
60 min
ARTISTAS:
Luis Erades: saxo
Pablo Rega: guitarra
Fernando Lamas: batería
Hernani Faustino: contrabaixo
Trío de música improvisada formado polo saxofonista Luis Erades, o guitarrista Pablo Rega e o batería Fernando Lamas.
Xurde da necesidade destes tres músicos, de larga experiencia no campo da libre creación, de atopar un espazo de diálogo sen límites estilísticos, asi como unha fiestra aberta á exploración da libre forma e da composición instantánea.
Andan a explorar as posibilidades dos seus instrumentos até últimas consecuencias para desenvolveren unha linguaxe contemporánea e atemporal. Trinity aposta por unha música intensa, seria e comprometida que bebe de fontes como o jazz, o noise e ata o metal; das pasaxes máis abruptas ás máis delicadas e evocadoras, mantendo entre elas un diálogo intenso e unha escoita moi activa con grande capacidade de comunicación.
Para
esta ocasión contan como invitado especial ao contrabajista
portugues Hernani Faustino.
A súa versatilidade como
instrumentista abrangue unha gran cantidade de estilos , desde o
free- pop á experimentación máis extrema. O pasar pola
improvisación electroacústica, o reducionismo ou o noise, lévano
a colaborar con artistas da altura de John Butcher, Lott Anker, Nate
Wooley, Carlos“Zingaro”, Agustí Fernandez, Sei Miguel, Albert
Cirera, Manuel Mota, Paal Nilssen-Love, Peter Evans, Matt Gustafsson
e Ernesto Rodrigues.
Igualmente compón música para teatro, é quen de producir programas de radio ou de escribir artigos sobre música en diferentes publicacións.
Duración do espectáculo: 60 minutos
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida excepto auga
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados.
Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o concerto sen a autorización da organización
• Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Avenida Marina, n7A, A Coruña
15001 A Coruña