Menú
MANHE: Fransy & Orquestra de Cámara Galega + convidad@s

MANHE: Fransy & Orquestra de Cámara Galega + convidad@s

Desde13,60 €

Teatro Colón | A Coruña

23 Novembro 2025 19:30

A cantareira arteixá Fransy González leva toda a vida recollendo a música das aldeas para agasallarnos os seus froitos cunha voz inconfundible. "Manhe" é un paso á fronte na súa carreira, un traballo honesto e sinxelo no que a esencia é a raíz.

Fransy é unha referencia ineludible da nosa música e a súa voz e a súa pandeireta abondan. Porén, "Manhe" é un agasallo para os ouvidos: a conxunción marabillosa da nosa herdanza ao encontro da Orquestra de Cámara Galega e o saxo soprano de Pedro Lamas, responsable tamén dos arranxos e a dirección musical. Máis de vinte músicos en escena que acompañan a Fransy neste soño, unha grande orquestra de corda que arrola as nosas músicas máis auténticas con mimo e paixón, elegancia e forza. Unha soa voz e unha grande orquestra que conversan e latexan xuntos.

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Toda persoa que acceda ao recinto no que terá lugar o evento debe facelo cunha entrada, independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o evento con comida nin bebida, agás auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos eventos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao rematar o evento sen a autorización da organización.
• Unha vez comezado o evento non se permitirá o acceso á sala.

RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.

Como

chegar

Avenida Marina, n7A, A Coruña

15001 A Coruña