Desde24,84 €
Teatro Colón | A Coruña
27 Febreiro 2026 20:30
Efecto Pasillo vístese de gala para presentar a súa nova xira indoor: Ouro e Diamantes, unha xira brillante na que compartirán co seu público as súas cancións máis queridas xunto coas novas xoias que seguen forxando co paso do tempo. Despois de percorrer escenarios ao aire libre coa súa enerxía contaxiosa, a banda inaugura o 2026 cunha proposta máis próxima e íntima, onde cada acorde e cada sorriso se viven aínda máis de preto, sen perder un chisco da alegría, a intensidade e o ritmo que caracterizan a esta banda de rock.
Prepárate para cantar, bailar e gozar nesta nova xira feita de ouro, diamantes e moita boa enerxía.
Agardámoste cos brazos abertos e o corazón latexando ao ritmo de Efecto Pasillo!
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Toda persoa que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo cunha entrada, independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida, agás auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao rematar o concerto sen a autorización da organización.
• Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Avenida Marina, n7A, A Coruña
15001 A Coruña