Menú
Álex Ubago – “¿Qué pides tú?” 25 Aniversario Tour

Álex Ubago – “¿Qué pides tú?” 25 Aniversario Tour

Desde27,00 €

Teatro Colón | A Coruña

28 Novembro 2026 21:00

Hai discos que marcan un antes e un despois na carreira dos artistas e, sen dúbida, ¿Qué pides tú? é un deles.
Hai 25 anos, un novo cantautor, Álex Ubago, publicaba este álbum sen saber o que lle agardaba. Entre outras cousas, un millón e medio de copias vendidas dun dos discos máis destacados da historia do pop español, numerosos recoñecementos e unha inmensa traxectoria musical que o consolidou como unha das grandes voces do pop melódico.
Un cuarto de século despois, Ubago embárcase nunha xira mundial xunto á súa banda para celebrar este aniversario. Farao cun repertorio moi especial que incluirá todos os temas do seu álbum de debut, como A gritos de esperanza, Sin miedo a nada, Sabes, ¿Qué pides tú?, entre outros que seguen a ser clásicos, así como os grandes éxitos da súa carreira.

Unha fermosa viaxe chea de nostalxia por cancións que, sen dúbida, forman parte da banda sonora das nosas vidas.

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada, independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida, excepto auga
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao rematar o concerto sen a autorización da organización
• Unha vez comezado o concerto, non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.

Como

chegar

Avenida Marina, n7A, A Coruña

15001 A Coruña