Desde18,60 €
Teatro Colón | A Coruña
Desde o 10 Xaneiro 2026
Ata o 11 Xaneiro 2026
SÉS - "Nadando na incerteza"
SÉS presenta ao vivo o seu novo traballo, "Nadando na incerteza", un traballo no que a canción sitúase no centro absoluto, sen sobreproducións nin artificios, nun exercicio de artesanía e autenticidade que reivindica a súa condición de cantora e facedora de cancións. O disco, composto por 13 cancións orixinais, caracterízase pola tendencia á sinxeleza instrumental, as voces que respiran con peso e temas concibidos para sosterse por si mesmos, coa palabra e a melodía como eixos arredor dos que todo xira.
Elenco:
SÉS - voz, guitarra e percusións
Sabela Galbán - acordeón, frauta, percusións e voz
Hirahi Afonso - timple canario e guitarra
Tito Calviño - guitarra
Mayfer Pinto - percusións
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todas as persoas que entren no recinto onde terá lugar o concerto deben ter entrada, independentemente da súa idade ou de se ocupan asento.
• As entradas non son reembolsables nin cambiables.
• Non se permite a entrada de comida nin bebida dentro do recinto, agás auga.
• Reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite facer fotos nin gravar antes, durante ou despois do concerto sen a autorización dos organizadores.
• Unha vez comezado o concerto, non se permitirá o acceso a ninguén no recinto.
RECOMENDAMOS:
Actuar con responsabilidade.
Avenida Marina, n7A, A Coruña
15001 A Coruña