Desde25,92 €
Teatro Colón | A Coruña
13 Xuño 2026 21:00
Silvana Estrada presenta Vendrán Suúaves Chuvias, un álbum que nace do autodescubrimento, da perda e dun poderoso renacemento creativo. Tras o éxito mundial de Marchita e un ascenso meteórico que a levou a gañar o Latin Grammy a Mellor Artista Novo, a cantautora veracruzana afóndase na súa obra máis íntima e luminosa, producida por ela mesma despois de atravesar momentos persoais profundamente duros.
En Vendrán Suaves Chuvias, Estrada expande o seu universo sonoro xunto a colaboradores excepcionais —como Owen Pallett e músicos próximos á lembrada Lhasa de Sela— para tecer un disco hipnótico que abraza a tristura, a rabia transformadora e a graza de comezar de novo. Cancións como “Dime”, “Flores” ou “Lila Alelí” revelan a súa madurez artística e unha sensibilidade poética única, iluminada por paisaxes orquestrais e a calor inconfundible da súa voz.
Con este novo traballo, Silvana Estrada confirma por que é unha das voces máis especiais da música latinoamericana actual: unha artista capaz de converter a dor en beleza e a vulnerabilidade nunha forza desbordante.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deberán facelo con entrada, independentemente da idade ou de se ocupan ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida, agás auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non está permitido sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao rematar o concerto sen a autorización da organización.
• Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala.
RECOMÉNDASE:
• Actuar con responsabilidade.
Avenida Marina, n7A, A Coruña
15001 A Coruña