Menú
Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre

Desde15,60 €

Teatro Colón | A Coruña

27 Decembro 2026 19:00

Axúdame a sentir dicíame Obdulia con frecuencia, a miña avoa materna. Foi unha de tantas catedráticas sen título nesa célebre universidade da vida. Nada hai máis necesario que sentir e tampouco hai momento máis acaído para perseguir ese verbo que os tempos nos que vivimos: as humanidades esvaécense ao tempo que medra o binomio virtual-máquina. As artes, en xeral, atenderon historicamente a nosa necesidade de sentir. Ese lugar sen algoritmos é unha casa que debemos visitar tantas veces como nos sexa posible. Celebrar a non virtualidade, abrazarnos, escoitar, beber, bailar, sentir, escribir, debuxar, cantar, soñar…

A nosa casa é un torreiro e tamén a platea dun teatro ou as mesas dunha baiuca. O que acontece nun concerto é algo único e irrepetible: extínguese ao pechar o pano, mais á súa vez, é unha chama que prende e segue quentando o noso peito durante moito tempo. Ás veces acompáñanos toda unha vida.

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Toda persoa que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo deberá facelo con entrada, independentemente da súa idade ou de que ocupe ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, agás auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non está permitido facer fotografías nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización.

• Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Como

chegar

Avenida Marina, n7A, A Coruña

15001 A Coruña