Desde4,00 €
Teatro Colón | A Coruña
04 Outubro 2026 20:00
CHICHARRÓN & SARA ZOZAYA
Da intensidade do pop atlántico de Chicharrón ao pop ambient de Sara Zozaya, Euskadi e Galicia reúnen a saudade tempestuosa dos seus mundos nunha linguaxe propia. Ambas as propostas destacan polo seu poder melódico e por unha sonoridade que bebe tanto da emoción máis crúa como dun lirismo etéreo, de beleza contemporánea e atemporal. Esa mesma sensibilidade está presente en Temporal, o novo LP dos galegos, que presentarán nesta ocasión.
BIO CHICHARRÓN
Chicharrón é posiblemente un dos grupos máis destacados do pop galego da última década. O seu novo LP, Temporal (2026), aínda por publicar, estrearase na súa actuación no ciclo Tándem.
Máis intensos ca nunca, combinan a súa esencia pospunk coa forza atlántica da música de raíces. O resultado é un son de proxección universal, con ecos de Joy Division e un latexo máis orgánico ca nunca. Raíces e electrónica intégranse en cancións feitas para perdurar na memoria colectiva, cunha emoción que vai máis alá das épocas e dos estilos.
BIO SARA ZOZAYA
A cantante, compositora e multiinstrumentista donostiarra Sara Zozaya posúe unha curiosidade sen límites e chega á alma do público a través de creacións íntimas e nostálxicas. Mestura sons contemporáneos coa tradición musical vasca e crea un universo propio no que o pop e o folk conviven con elementos electrónicos e lo-fi.
Cunha produción coidada ao detalle, as súas cancións dan renda solta á imaxinación e amosan unha artista que non cre nas etiquetas e busca conmover a quen a escoita.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Toda persoa que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto deberá facelo con entrada, independentemente da súa idade ou de que ocupe ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida, agás auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos/concertos programados. Non está permitido sacar fotos nin realizar gravacións antes, durante nin ao finalizar o concerto sen a autorización da organización.
• Unha vez comezado o concerto, non se permitirá o acceso á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Avenida Marina, n7A, A Coruña
15001 A Coruña