Menú
34 FIOT CARBALLO. RÚA DOS CONTOS. ATENEA GARCÍA e VERO RILO (Galicia): Bailen as vellas. Os contos das cereixas

34 FIOT CARBALLO. RÚA DOS CONTOS. ATENEA GARCÍA e VERO RILO (Galicia): Bailen as vellas. Os contos das cereixas

Desde5,50 €

CASINO 1889 | Carballo

02 Outubro 2025 21:00

Idade mínima: 14 anos

Hai contos que se resisten, coma as cereixas, que veñen da man, un detrás do outro, e saben a memoria viva. Botas os contos á boca, rir, emocionar, lembrar e resistir con retranca, poesía e música. Un lugar onde a tradición non é pasado, senón presente que latexa.

As narradoras Atenea García e Vero Rilo chegan coas falas das que non calaron, das que bailaron, cantaron e fixeron da vida un conto en galego. Coa pandeireta n man, neste ano no que conmemoramos a ás cantareiras e a todo o legado da transmisión oral da man de mulleres traen á escena un espectáculo para poñer a palabra no centro, o idioma na boca e as mulleres na voz.

 PÚBLICO ADULTO (+ de 14 anos)

Como

chegar

Rúa Vázquez Parga, 1, Carballo

15100 Carballo