Desde22,00 €
Sala Capitol | Santiago de Compostela
23 Novembro 2024 20:30
O derradeiro dos pratos fortes do Outono Codax 2024 chega á Sala Capitol con dous Grammys na maleta. O seu segundo disco, The Last Days Of Oakland, gañador do Grammy ao mellor álbum de blues contemporáneo de 2016, situou a Fantastic Negritono olimpo da música negra. El defínese como un músico de “blues con actitude punk”. E o é. A súa é unha das coleccións musicais máis crúas (sonora e emocionalmente), repleta dunha perspectiva vital gañada a base de golpes. Urxente e visceral, con rabia, protesta e autobiografía.
En 2018, co seu terceiro disco, Please Don't Be Dead, conseguiu gañar o seu segundo Grammy consecutivo, tamén na categoría de mellor álbum de blues contemporáneo.
En xuño de 2022 publicou un novo álbum, White Jesus Black Problems, no que se afasta das convencións do blues-rock e do que en febreiro de 2023 lanzou unha secuela, Grandfather Courage, onde reimaxina en clave acústica as cancións do seu predecesor.
O pasado 2 se xullo Fantastic Negrito e Sting (si, o de The Police) publicaron un singleconxunto, Undefeated Eyes, publicado no propio selo de Fantastic Negrito, encaixando perfectamente as súas distintivas voces para contar con elegancia crúa, pero chea de vida unha historia sobre a perda da confianza e os momentos baixos das relacións.
O músico de Massachusetts xa anunciou que no seu concerto no Outono Códaxpresentará un novo disco, do que polo momento descoñécese tanto o título como a data de lanzamento.
A representación galega desta última cita do Outono Códax xunto a Fantastic Negritocorre a cargo de Madame Bird que é o proxecto de Carla de Figueredo, a voz mais prominente da escena "negra" galega, quen tras dous anos de andaina virando por distintas salas facendo grandes versións de rocksteady e northern soul, agora disponse a dar o gran salto gravando Old Souls, un disco de tintes souleiros co que levanta as súas ás negras para levarnos ao mais alto coa súa música e a súa radiante voz, que nos arrastra á primeira Aretha ou á mismísima Etta James.
Os temas de Madame Bird son unha mestura moi persoal con influencias que van dende o northern soul mais tradicional ata o R&B mais agresivo, pasando polo jazz croonerdos primeiros 50 ou as baladas da Chess dos 60.En directo, Carla de Figueredo preséntase acompañada por José Triay (guitarra), ToñoMartín (baixo) e Alberto Camba (batería).
Rúa Concepción Arenal, 5, Santiago de Compostela
15702 Santiago de Compostela