Desde0,00 €
Sala Capitol | Santiago de Compostela
Chega un dos pratos fortes desta edicion do festival na Sala Capitol. Abrindo a súa xira Europea e con só tres datas en España (Compostela, Madrid e Barcelona) desfrutaremos da banda orixinaria da vibrante cidade de Saskatoon, Canadá, The Sheepdogs, que levou o seu rock sureño e psicodelia da vella escola a un nivel internacional gañándose o corazón dos amantes da música en todo o mundo.
Formada en 2004, a banda mantivo unha traxectoria ascendente, combinando riffspotentes e melodías harmoniosas que evocan a esencia do rock clásico. A súa música descríbese mellor como un regreso nostálxico ao rock dos anos 70, cunha mestura de rock boogie e harmonías melódicas que crean unha experiencia auditiva única.
The Sheepdogs teñen tocado en festivais
lendarios como Coachella, Glastonbury, e Lollapalooza. Goza do título de ser a primeira banda da historia sen un contrato firmadocunha discográfica que é portada na revista Rolling Stone e foron galardoados con
múltiples premios e recoñecementos, incluíndo varias certificacións de platino
en Canadá.
Rúa Concepción Arenal, 5, Santiago de Compostela
15702 Santiago de Compostela