Menú
TEUMORROLAND- Etapa SANTIAGO

TEUMORROLAND- Etapa SANTIAGO

Riquela Club | Santiago de Compostela

01 Outubro 2026 23:30

Quinta etapa do festival Teumorroland!!!

Patrocinada por Xacobeo 2027.

Contará coas actuacións de Galician Army e Kike Varela: un verdadeiro luxo para Teumorroland.Galician Army é un aclamado dúo galego de música electrónica. Combinan a estética retro dos anos 80, o post-disco e a enerxía crua dos clubs underground, todo iso impregnado de raíces galegas. Son habituais en grandes festivais nacionais como Sonorama e O Son do Camiño.

Kike Varela é un recoñecido DJ e produtor de Santiago de Compostela, considerado unha das figuras máis revolucionarias e importantes da música electrónica galega. Participa habitualmente en grandes festivais como O Son do Camiño, Caudal Fest e Sonrías Baixas.

Como

chegar

Preguntoiro 31, Santiago de Compostela

15704 Santiago de Compostela