Menú
XABIER DÍAZ & ADUFEIRAS DE SALITRE

XABIER DÍAZ & ADUFEIRAS DE SALITRE

Desde20,90 €

Teatro Principal de Pontevedra | Pontevedra

10 Maio 2025 20:30

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre pecharon o 2024 cunha inmensa satisfacción despois de moitos meses de traballo para chegar a cantos lugares foi posible e presentar o seu último disco, Axudame a sentir, o cuarto da súa carreira en conxunto. Con máis de 40 concertos en toda España, a reposta do público non puido ser máis positiva, colgando o cartel de entradas esgotadas en moitas das cidades e enchendo de música e baile os torreiros e prazas da xeografía galega e do noroeste penínsular. Neste 2025, un ano tan especial para as nosas Letras Galegas coa merecida homenaxe ás cantareiras e á poesía popular, o grupo continúa traballando na recuperación e dignificación da música tradicional transmitida polas mulleres das aldeas do país.

Como

chegar

Rúa Paio Gómez Charino, 6, Pontevedra

36002 Pontevedra