Menú
JAZZ NO PRONCIPAL: PABLO MARTÍN CAMINERO & SPJ-Group

JAZZ NO PRONCIPAL: PABLO MARTÍN CAMINERO & SPJ-Group

Desde3,50 €

Teatro Principal de Pontevedra | Pontevedra

12 Abril 2025 21:00

PABLO MARTÍN CAMINERO & SPJ-Group

Pablo Martín Caminero: contrabaixo

Luis Felipe Fernández: saxo alto

André Labraña: acordeón

Mauro Tissone: guitarra

Abe Rábade: piano

Sara Martínez: batería

Alberto López: batería

Pablo Martín Caminero (Vitoria, 1974), termina os seus estudos de contrabaixo clásico na Escola Superior de Música de Viena no año 1999. Tras esta etapa, trasládase a Madrid onde inicia a súa carreira profesional como intérprete, compositor e produtor.

A diversidade de estilos musicais nos que se move, levouno a colaborar con artistas e proxectos de diversos xéneros musicais como Jorge Pardo, Gerardo Núñez, BandArt, Hippocampus, Chano Domínguez, Niño Josele, Rocío Molina, Enrike Solinís, Rosario La Tremendita, e un longo etcétera de proxectos de flamenco, jazz, clásico e barroco. Paralelamente, esta polivalencia anímalle a compoñer música para películas de cinema e campañas de publicidade desde o ano 2006.

Pablo publicou ao seu nome seis discos ate a data: Doméstica (BOST, 2005), El Caminero (BOST, 2011), O.F.N.I. (BOST, 2014), Salto al vacío (BOST, 2016) e Bost (BOST, 2020). En formato de quinteto, o contrabaixista desenvolve un repertorio de temas propios onde plasma a sua visión musical baseada en dous piares intimamente unidos: o jazz e o flamenco. No seu último disco “Al toque” en formato de trío adapta e arranxa oito composicións míticas da guitarra flamenca.

En 2016 levou ao escenario o espectáculo Double Bach xunto ao coreógrafo Antonio Ruz, no que interpreta 2 suites de J.S.Bach en pizzicato. También con Antonio Ruz colaborou como compositor sinfónico en Electra do Ballet Nacional de España, e para In Paradisum da Compañía Nacional de Danza.

Na actualidade Pablo Martín Caminero continúa con a súa intensa actividade musical a través do seu quinteto e o seu trío, asícomo cos concertos de Enrike Solinís & Euskal Barrokensemble, Abe Rabade Trío, Fellini Quartet, Bolita Trío, Daniel García Diego & Pablo Martín Caminero Recital 2.0, Ana Morais, Moisés Sánchez ReInventios Trío etc.

En xuño de 2021, publica “Al toque”, o seu sexto disco e primeiro en formato trío (con Moisés P. Sánchez ao piano e Paquito González ás percusións) no que fai unha versión das grandes obras escritas para a guitarra flamenca.

Como

chegar

Rúa Paio Gómez Charino, 6, Pontevedra

36002 Pontevedra