Desde17,60 €
Auditorio Gaviota - Palexco | A Coruña
23 Novembro 2025 19:00
Idade mínima: 13 anos
O programa incluirá obras de Chopin,
Brahms e Rachmaninov
Asiste a un concerto único de James Rhodes, "el enfant terrible de la música clásica". O pianista español nacido en Gran Bretaña, coñecido polo seu carisma, talento e estilo de "stand-up" no escenario, ofrece unha experiencia distinta aos recitais tradicionais.
Nos seus concertos, Rhodes interactúa directamente co público, falando das obras que interpreta, por que as elexiu e o contexto no que se compuxeron. Ademáis, comparte a historia da súa vida e como a música, en especial a de Bach, axudoulle a superar obstáculos. Interpreta pezas de compositores como Bach, Chopin, Rachmaninov, Schubert e Beethoven.
James Rhodes é un apaixoado da música clásica que se conerteu nun importante divulgador a nivel mundial. A súa carreira despegou en 2009, cando o seu primeiro mánager o animou a gravar o seu primeiro CD. Dende entón, publicou numerosos álbumes e libros, incluíndo o seu exitoso libro ‘Instrumental. Memorias de música, medicina y locura’ e actualmente ten o seu propio programa o da SER “En Clave De Rhodes”.
O seu particular estilo permitiulle atraer a novos públicos, actuando en festivais de música pop e recintos pouco convencionais así como nas principais salas de concertos internacionais: Koerner Hall Toronto, Elbphilhamonie Hamburgo, The Queen Elizabeth Hall Londres, El Liceu Barcelona, Musikverein Viena, Teatro Real Madrid, The Barbican Londres e moitos máis dende Australia ata Hong Kong.
Muelle de Transatlánticos s/n, A Coruña
15003 A Coruña