Menú
RAPANTS CLUB

RAPANTS CLUB

Desde23,76 €

Multiusos Fontes do Sar | Santiago de Compostela

28 Marzo 2026 21:00

POLITICA DE ACCESO A MENORES DE EDAD

O Multiusos Fontes do Sar acollerá o 28 de marzo a grande inauguración do Rapants Club, a estrea en directo do novo álbum da banda muradá The Rapants.

Os muradáns escolleron a súa cidade de adopción, Santiago de Compostela, para dar a coñecer este novo traballo, un álbum cunha sonoridade moi especial que dá conta da evolución do grupo á vez que mantén a esencia e identidade rapante. Con Rapants Club, que verá a luz tamén no mes de marzo, The Rapants atrévese a experimentar. O cuarteto abre a porta a diferentes estilos musicais e con letras máis escuras; mais segue a por en valor o baile, as guitarras frenéticas, as sentenzas románticas e os retrousos memorables, todos eles aderezados coa naturalidade e a honestidade que caracteriza ao grupo.

A inauguración deste Rapants Club será unha gran festa para a música en directo en Galicia, na que os rapantes darán as “jrasias por confiar” no seu proxecto. A alegría, o bo rollo, os pogos e, por suposto, un intenso tráfico aéreo daranse cita o sábado 28 de marzo na pista do Sar, nun evento que conta co apoio do Concello de Santiago. Será unha noite na que, ademais de gozar dos novos temas da banda, o público e moi especialmente os ‘rapants fan juligans’ “viaxarán ao profundo” da man do grupo para vibrar con himnos que identifican a toda unha xeración.


Como

chegar

Rúa de Diego Bernal, s/n, Santiago de Compostela

15702 Santiago de Compostela