Desde21,00 €
Praza da Colexiata do Sar | Santiago de Compostela
07 Xuño 2026 20:00
Carlos Núñez regresa á súa tradicional cita co público compostelán para encher de maxia a Colexiata do Sar. O noso músico máis internacional convídanos a gozar dun concerto inesquecible en pleno corazón de Galicia, pensado tanto para os de aquí como para os que nos visitan; unha oportunidade única para sentir a auténtica esencia de Santiago desde dentro.
Nesta velada tan especial, a xira "Lugares Máxicos" celebra por todo o alto o 30 aniversario de A Irmandade das Estrelas, o disco que revolucionou a música celta e se erixiu como un fito absoluto da nosa cultura. Acompaña a Carlos Núñez nunha viaxe sonora a través de tres décadas de aventuras e conexións sorprendentes, e sigamos tecendo xuntos esa gran irmandade musical que hoxe resoa en todo o mundo.
Praza da Colexiata, S/N, Santiago de Compostela
15702 Santiago de Compostela