Desde10,60 €
Auditorio de Cangas | Cangas
27 Decembro 2025 20:00
Mediarea
Gael Pérez, Luís Malvido, Zé Pumar e Rodri Martínez son as persoas que despois de toda unha vida vencellados á música tradicional galega en diversos proxectos, arrincan en 2022 como cuarteto baixo o nome Mediarea. A intención foi a de dar proxección á creatividade expresada en composicións propias que condensan a súa experiencia previa desde o amor pola música patrimonial, os instrumentos acústicos galegos e a paixón pola festa e o baile. Considéranse continuadores da tradición gaiteiril do Morrazo xa que se empaparon, desde ben novos, da esencia da nosa música en contextos como o Entruido do Hío, cuxa esencia trasladan ao escenario en cada actuación.
Virando por avante
A principios de 2025 Mediarea publica o EP “Fillos da virasón” con 4 temas novos que marcan a evolución cara unha música potente e orientada aos escenarios mais sen renunciar ao son acústico e de base tradicional que os define. A final de ano, con outros 5 temas máis, esta tendencia cara unha música máis enérxica confírmase no que é o seu segundo traballo discográfico, “Virando por avante” onde figuran colaboracións como a de Sabela Galbán, María Prado, Alfonso Malvido e as pandeireteiras 3 pés pa’un banco. O mar, a identidade do Morrazo e a festa popular son as fontes de inspiración para a creación das pezas sonoras que Mediarea traslada ao público baixo os principios de liberdade creativa e fidelidade coa música e os instrumentos de raíz.
Av. de Lugo, 27A, Cangas
36940 Cangas