Desde15,80 €
Auditorio Abanca | Santiago de Compostela
26 Decembro 2024
‘Resoando no pasado’ é unha viaxe pola historia da humanidade a través dos instrumentos. Abraham Cupeiro guíanos neste percorrido botando man da súa enorme colección de instrumentos milenarios.
Faino con moito humor e a pedagoxía de quen coñece os instrumentos de arriba a abaixo. E é que Abraham Cupeiro constuíu el mesmo algúns como o Karnix ou o Cornu, reconstruído a partir duns planos atopados en Pompeia.
‘Resoando no pasado’ non é un concerto nin tampouco un monólogo, mais combinando elementos do músico e o contador de historias crea un espectáculo fascinante no que descubrir un pouco máis do ser humano por medio das músicas creadas ao longo dos anos.
Rúa do Preguntoiro, 23, Santiago de Compostela
15704 Santiago de Compostela