Desde0,00 €
Teatro Jofre | Ferrol
03 Maio 2025 20:30
A Pedreira, referente da música galega dende os anos 90, preséntanos o seu último traballo Basal, un crisol de todos os ingredientes da música popular galega, nun concerto enmarcado dentro da celebración das Letras Galegas 2025. Unha fusión de estilos diversos, pintando a música galega desde o magma da composición con temática filosófica, política, persoal, social... nunha paleta rítmica amplísima tanto de instrumentos orgánicos como electrónicos. Acompañada por Lorena Cachito (batería, percusións, coros), Alejandro Vargas (teclado, sintetizadores) e Mauricio Caruso (guitarra eléctrica), este espectáculo é unha viaxe continental entre a rave e a foliada, o clube de jazz e a discoteca dos 80, a danza tribal e os rituais espirituais. Cuba, Brasil e Galiza abrázanse combinando o rock, o jazz, a MPB e o clásico, levando todas as cancións da autora a novos lugares.
Praza de Galicia, s/n, Ferrol
15401 Ferrol