Menú
DEPEDRO

DEPEDRO

Desde8,80 €

Teatro Jofre | Ferrol

10 Outubro 2026 20:30

DEPEDRO  é o proxecto musical do madrileño Jairo Zavala, unha das voces máis singulares do panorama nacional. Iniciado en 2008 co álbum Depedro, gravado xunto á banda estadounidense Calexico, a súa traxectoria construíuse desde un espírito aberto e transfronteirizo, integrando influencias de Latinoamérica, África, o Mediterráneo e Estados Unidos.  

Cunha carreira que suma varios discos de estudo, EPs e traballos en directo, DEPEDRO levou a súa música aos cinco continentes, con xiras por Europa, América, Asia e Oceanía. A súa obra caracterízase por un estilo sonoro propio e reconocible, froito da colaboración con músicos de distintas culturas e idiomas. Ademais, a súa inquietude artística levoulle a explorar outros formatos, como o documental Casamance, onde profunda nas súas raíces musicais en Senegal , e o documental Fanantenana onde colabora coa ONG de Granada Auga de Coco na construción de escolas de música en Madagascar. Proxectos que entenden a música como lugar de encontro e linguaxe universal.  

Tras a gran acollida de "Un Lugar Perfecto", recoñecido en 2025 co galardón a Mellor Álbum de Pop/Rock nos Premios da Academia da Música de España e nomeado a Mellor Produción Musical nos Premios MIN,DEPEDRO abre unha nova etapa sobre os escenarios coa xira de "Furia y Calma 2026/2027” o seu novo disco que sairá a finais de outubro.  

No Teatro Jofre de Ferrol será un concerto íntimo e acústico no que fará un percorrido por todo o seu repertorio que lle levará a atoparse co público desde a emoción, a viaxe e a identidade sonora que definen a súa traxectoria.

Como

chegar

Praza de Galicia, s/n, Ferrol

15401 Ferrol