Desde0,00 €
Teatro Jofre | Ferrol
18 Setembro 2026 19:30
A Asociación Musical Cultural Porta do Dique organiza o I Encontro de Habaneras “Cidade de Ferrol", unha iniciativa que nace coa vontade de promover e poñer en valor a música coral e, dun xeito especial, o xénero da habanera, tan estreitamente ligado á tradición mariñeira e á identidade dunha cidade como Ferrol.
A Coral Polifónica Ferrolana do Casino Ferrolano Tenis-Club, exercerá de anfitrioa dunha xornada pensada para compartir música, convivencia e tradición entre diferentes formacións corais.
Como corais convidadas participarán a Coral Polifónica Lembranzas de Santa Cruz (Oleiros), a Coral Polifónica Eumesa (Pontedeume), a Coral Polifónica Eixil de Cedeira (Cedeira) e o Coro Diapasón (Ferrol).
O encontro reunirá así voces procedentes de distintos puntos da comarca e da provincia arredor dun repertorio no que a habanera será a gran protagonista, favorecendo ao mesmo tempo o intercambio e a colaboración entre as agrupacións participantes.
Con esta primeira edición, preténdense sentar as bases dun encontro con vocación de continuidade, contribuíndo á difusión da música coral e incorporando unha nova cita cultural á vida musical de Ferrol.
Praza de Galicia, s/n, Ferrol
15401 Ferrol