Sala Tebras | Lugo
21 Novembro 2026 23:30
Terceira etapa d festival Teumorroland, Etapa Raíña!!!
Festival patrocinado por Xacobeo 2027.
Contaremos coa presenza de tres DJ de recoñecemento nacional e internacional.
Eme DJ é unha das DJ e produtoras máis destacadas das escenas *indie*, pop e electrónica de España. Foi elixida en varias ocasións como unha das mellores DJ do país e actúa en festivais como Sonorama e Sonrías Baixas.
Michenlo é un dos *influencers*, DJ e produtores galegos máis populares nas escenas de música electrónica e *tech-house* de España. Con máis de medio millón de seguidores en Instagram, actuou en grandes festivais internacionais ao nivel de Tomorrowland.
DJ Ballesteros é un dos DJ e produtores de música urbana e dembow máis influentes de España e do panorama da vida nocturna europea. A súa traxectoria levouno a actuar en importantes festivais dos Estados Unidos, o Reino Unido e Alemaña.
Praza Viana do Castelo, 3, Lugo
27003 Lugo