Desde24,20 €
Auditorio de Ferrol | Ferrol
28 Febreiro 2026 20:30
Apertura de portas: 20 h.
A carreira de Quique González está marcada por constantes puntos de inflexión e unha evolución coherente e honesta. Aos seus 51 anos, cumpriu os seu sono de vivir da música, compartir escenario con lendas como Bob Dylan, Steve Earle ou Ryan Adams, e compoñer clásicos como “Aunque tú no lo sepas” para Enrique Urquijo.
Os seus discos —Salitre 48, Kamikazes Enamorados ou Daiquiri Blues— e cancións como “Salitre”, “Vidas cruzadas” ou “La luna debajo
del brazo” convertíronse en referentes do pop-rock español.
Dende o seu debut en Personal (1998), González creceu disco a disco,
combinando a esencia do songwriter americano coa sensibilidade do
trovador mediterráneo.
Tras etapas clave como Me mata si me necesitas (2016), Las palabras
vividas (2019) e Sur en el valle (2021), culmina a súa traxectoria con 1973
(2025), un traballo que reflexa madurez, introspección e a honestidade que
sempre definiu a súa relación cun público fiel e cómplice.
Av. do Mar, s/n, Ferrol
15406 Ferrol