Desde0,00 €
Auditorio de Ferrol | Ferrol
11 Marzo 2026 20:30
Música Mestra! é unha cita musical na que a Banda e a Orquestra de Grao Profesional do Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol comparten escenario para homenaxear o talento das compositoras. O alumnado destas agrupacións interpretará un programa con obras de diferentes estilos, visibilizando o legado creativo das mulleres na música. No marco das actividades do mes de marzo, Música Mestra! preséntase como unha celebración artística e educativa que convida ao público a descubrir e recoñecer a riqueza da música das compositoras ao longo da historia.
Av. do Mar, s/n, Ferrol
15406 Ferrol